Marcas e modelos máis vendidos
🚗 Marcas e modelos máis vendidos
Que se matricula en España cada mes, marca a marca e modelo a modelo, segundo os microdatos da Dirección General de Tráfico. Filtra por tipo de motor para ver, por exemplo, só os eléctricos puros, e por canle para separar o que compran os particulares das frotas de empresas, renting e aluguer, que nos turismos son máis da metade.
95.942 unidades novas matriculadas de 86 marcas e 643 modelos cos filtros escollidos.
Grupos
Moitas marcas pertencen ao mesmo fabricante e comparten plataformas, motores e fábricas: Peugeot, Citroën, Opel, Fiat ou Jeep son de Stellantis; Seat, Cupra, Skoda ou Audi, de Volkswagen; Volvo, Polestar ou Lynk & Co, do chinés Geely; e MG, de SAIC. Agrupadas por dono, a repartición do mercado cambia bastante.
Grupo segundo o dono maioritario de cada marca. As participacións do 50 % ou menos non contan: Smart (50 % Mercedes-Benz e 50 % Geely) vai con Geely e Leapmotor (21 % de Stellantis) é o seu propio grupo. As marcas que só lle poñen o seu logo a un coche fabricado por outro, como Ebro (coches de Chery) ou DR (de Chery e outros fabricantes chineses), contan como grupo propio porque a empresa é outra. En camións e autobuses, Volvo e Renault son do grupo AB Volvo e Mercedes-Benz, de Daimler Truck, empresas distintas das dos coches. As marcas sen grupo na táboa son o seu propio grupo.
Marcas
Modelos
Só vehículos novos (non se contan os usados importados). A variación compara co mesmo período do ano anterior e omítese cando daquela había menos de 20 unidades. O nome do modelo é o da ficha técnica: algúns coches aparecen con variantes (p. ex. «SANDERO» e «SANDERO STEPWAY»). Nos vehículos que remata un carroceiro (camións, autobuses, furgonetas camperizadas) cóntase a marca do chasis, non a do carroceiro.
Canle: os coches de particulares son os matriculados a nome dunha persoa física (inclúe autónomos) sen renting; empresas, os de persoas xurídicas, incluídas as automatriculacións de concesionarios e marcas que despois se venden como «quilómetro cero»; aluguer, os de servizo de aluguer sen condutor (rent a car); e taxi, VTC e outros, os de servizo público.
Con que motor vende cada marca?
Repartición por tipo de motor das 15 marcas que máis venden no período escollido (sen ter en conta o filtro de motor).
Fonte: DGT – Microdatos de matriculacións de vehículos (MATRABA). Tipo de motor segundo a categoría de vehículo eléctrico e a propulsión da ficha técnica: os híbridos non enchufables (HEV) inclúen os mild hybrid; os de autonomía estendida (REEV) cóntanse cos enchufables. Máis detalles en Coche eléctrico.
Datos actualizados hai 8 minutos