Camións e autobuses
🚚 Camións e autobuses
Os camións e autobuses son poucos fronte aos coches, pero percorren moitos máis quilómetros e queiman sobre todo gasóleo: o transporte pesado é unha parte importante das emisións do transporte por estrada. Aquí vese cantos se venden, con que motor e cantos anos teñen os que circulan.
Cota de cero emisións nos vehículos novos
Os autobuses urbanos electrifícanse antes porque fan percorridos curtos e volven cada noite á cocheira, onde se cargan; as axudas europeas e as zonas de baixas emisións das cidades tamén empuxan. O camión de longo percorrido segue case todo en diésel: as baterías pesan e a rede de recarga para pesados apenas comeza. O último ano está incompleto.
Autobuses novos por tipo de motor
Camións novos por tipo de motor
As vendas de camións seguen o ciclo económico: caen nas crises (2020) e recupéranse coa actividade. Inclúe camións de todos os pesos e cabezas tractoras; as furgonetas cóntanse á parte.
Marcas e grupos máis vendidos
Os dez grupos con máis matriculacións dos últimos 12 meses. Nos vehículos que remata un carroceiro (a maioría dos autobuses e moitos camións) cóntase a marca do chasis: un autobús con carrozaría de Irizar ou Castrosua sobre un chasis Scania conta como Scania.
Grupo segundo o dono maioritario: Scania e MAN son do grupo Volkswagen (Traton); Volvo e Renault Trucks, de AB Volvo (distinta de Volvo Cars, que é de Geely); Mercedes-Benz, Setra e Fuso, de Daimler Truck. O ranking completo, por mes e por tipo de motor, está en Marcas e modelos.
Antigüidade dos que circulan
Parque de vehículos en alta da DGT, último mes publicado. Máis detalle, por provincia e concello, en Parque de vehículos.
Fontes e notas
- DGT – Microdatos de matriculacións de vehículos (MATRABA), mensual desde xaneiro de 2015. Só matriculacións ordinarias de vehículos novos.
- DGT – Parque de vehículos, último mes publicado.
- Camións: os tipos de camión e cabeza tractora da DGT, de calquera peso. Autobuses: autobuses e autocares, incluídos os articulados e os de dous pisos. Cero emisións: eléctricos puros (BEV) e de pila de hidróxeno.
Datos actualizados hai 8 minutos